YOUR OPINIONS ARE IMPORTANT

Friday 5 March 2010

Inauguración oficial Festa do Qeixo de Arzua 2010

Mañá celebrarase o acto de Inauguración Oficial da 35 Festa do Queixo

A música protagonizará a xornada do sábado, o grupo murciano Second e os franceses «rinôçérôse» listos para a súa actuación

Arzúa, 5 de marzo de 2010

Mañá sábado 6 de marzo ás 13.00 h, terá lugar a Inauguración Oficial da 35 edición da Festa do Queixo no Recinto Feira Terra do Queixo, que abrirá ao público as 11.00 h.

No acto participarán Don Xaquín García Couso, Alcalde do Concello de Arzúa; Don Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo; Don Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Don Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.

Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, serán os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que terá lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo. Ademais, Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e cultural do noso país, tomará a palabra para pronunciar o pregón deste ano.

O espectáculo de Gospel de Alba-Lírica porá o broche final a esta cita, que continuará co percorrido e visita das autoridades aos expositores e rematará cun xantar degustación para os convidados.

Máis de oitenta queixerías chegadas dos distintos territorios exporán os seus produtos no Recinto Feiral Terra do Queixo, no que poderemos atopar unha boa mostra das distintas Denominacións de Orixe que participan nesta edición.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento. Mañá poderemos visitar mañá a exposición dos carteis participantes no Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo ou o obradoiro Stop motion para os máis cativos.

Fóra do Recinto Feiral, os nenos poderán gozar da Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual ou do Circo de Pulgas. O Obradoiro de Graffiti, para maiores de 14 anos celebrarase de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 20.00h no Campo de futbol, e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles.

O programa musical do sábado comeza ás 18.00 h coa actuación dos grupos finalistas do concurso de maquetas Queixo Maquetón, na Praza da Vila. No campo da feira actuarán Second, ás 21.30 h e os franceses «rinôçérôse», ás 23.30 h. A xornada musical rematará á 01.30 da madrugada co concerto do grupo que resulte gañador do concurso Queixo Maquetón.


prensa: prensa@festadoqueixo.org | Mª Xosé Crisóstomo

+info

organización/rr.pp: info@festadoqueixo.org

web da festa: www.festadoqueixo.org | www.concellodearzua.org

blog: www.festadoqueixo.blogspot.com

facebook: http://www.facebook.com/profile.php?id=1596800347&ref=name#!/pages/Festa-do-Queixo-de-Arzua/466947970044?ref=mf

No comments:

Entradas populares

¡GRACIAS POR SU VISITA!